xoves, 24 de outubro de 2013

8 xogadores/as do Club Baloncesto Porto do Son participarán no CETI do sábado 26 en Santiago

A Federación Galega de Baloncesto organiza este sábado 26 de outubro un  CETI (Centro de Técnificación Itinerante) para a zona de Santiago en categoría Preminibasket e Minibasket.

O  obxectivo dos CETIS son levar a cabo un seguimiento para os xogadores e xogadoras  de maior progresión e futuro no baloncesto galego.

A continuación presentamos os nenos e nenas que representarán ao C.B. Porto do Son no CETI que se celebrará no Pavillón do Restollal en Santiago en dúas convocatorias. Masculina de 16:00 a 18:00 e a feminina de 18:00 a 20:00 horas.

Todos os representantes do C.B. Porto do Son deberán levar a ficha cuberta e una foto ,así como a roupa do clube.

No feminino:                           Do ano 2005 , Xiana
 
 
Do ano 2004 , Mariña 1ª arriba pola esquerda .
 
Do ano 2002:
 
Sara
 
Ximena
 
 No masculino:
Ano 2004
Noel 
 
Miguel
 
Ano 2003
Saulo
 
Martín

 O Club Baloncesto Porto do Son quere desexarvos que disfrutedes moito desta experiencia , que aprendades e demostredes todo o que sabedes do traballo diario. Moito ánimo e a pásalo ben.