luns, 10 de xuño de 2013

Marcos Rey Gómez , novo adestrados do C.B. Porto do Son

                     Marcos Rey Gómez fichaxe de luxo para a familia  do C.B. Porto do Son. 

Marcos chega procedente do C.B.Noia, no que realizou unha excelente tempada co equipo senior clasificandoo para a fase de ascenso. 
Marcos formouse como xogador no C.B.Noia  pasando por todas as categorías.Como adestrador comezou a súa traxectoria no Xiria Carballo para máis tarde recalar de novo no C.B. Noia.
Marcos terá un papel moi importante  dentro do C.B. Porto do Son sendo o encargo da planificicación física e orientación nutricional do clube, dada súa formación como licenciado en educación física.
Como adestrador será o encargadoo de dirixir ao cadete masculino a vindeira tempada.Está previsto que a próxima semana xa se incorpore aos adestramentos  dos que serán os seus  pupilos.

O C.B. Porto do Son quere darlle a benvida  e desexarte que disfrutes co teu traballo que terá coma recompensa a evolución e mellora dos nosos xogadores/as.

O contrato asinado de Marcos co club é dun ano con dereito a outro.