luns, 3 de xuño de 2013

INICIO POSTEMPORADA CADETE E INFANTIL E COPA DE BOIRO

O pasado sábado 1 de xuño o infantil masculino competiu en Boiro no torneo de copa. Enfrntouse en primeiro lugar ao Ribeira ,que era oa actual campión de liga e despois ao C.B. Noia.
Os nosos caeron derrotados por 12 puntos de diferencia ante oRibeira e por tan só 3 ante o C.B. Noia.

Esta mesma semana empezan os adestramentos de cara á vindeira tempada tanto do equipo cadete masculino coma do equipo infantil masculino. Os adestramentos serán os mércores ás 20:00 en Porto do Son e Sábados ás 10:30 en Portosín. Os luns haberá sesións de tecnificación individual en Porto do Son ás 18:30 e en Portosín ás 20:00.
 




O C.B. Porto do Son quere resaltar a gran tempada realizada por este equipo ,así como agradecer a colaboración mostrada na organización do Pequebasket Porto do Son