martes, 18 de xuño de 2013

André novo fichaxe no C.B. Porto do Son

Un gran xogador para  reforzar o cadete masculino.
André que na vindeira tempada será cadete de primeiro ano procede do C.B.Noia ,equipo no que militou a pasada campaña.
André é un xogador hábil co balón, con moi bo dominio e facilidade para o pase. Ten unha boa mecánica de tiro e moita facilidade para penetrar a canastra.
André é un xogador en fase de formación con  boas cualidades físicas e técnicas , que sumadas a súa boa actitude para mellorar e aprender  farán del un referente no equipo cadete masculino.





O C.B. Porto do Son quere darte a benvida e desexarte moitos éxitos.