luns, 20 de maio de 2013

Xornada de iniciación 20 de maio.Portosín

Faltarón as estrelas da ACB en Portosín, pero un medio centear de pequenas estrelas disfrutaron dunha mañán de baloncesto.
Debido a clasificación para o play off ,os xogadores do Obradoiro non puderon asistir a disfrutar dos nenos e nenas de Porto do Son.
Teremos que agardar ao prómixo luns ou a cando o Obradoiro deixe de loitar pola liga Endesa.
Un total de 50 nenos e nenas disfrutaron de xogos e partidillos de 3 contra 3 no polideportivo de Portosín.
Para moitos e moitas era a súa primeira experiencia e só esperamos que o pasaran tan ben como para repetir o próximo sabádo as 12:00.
Para rematar a xornada o C.B. Porto do Son sorteou entre os participantes desta xornada tres camisolas de baloncesto.
Moitas grazas a todos e todas por asistir e pediros disculpas pola parte que nos toca na ausencia dos xogadores ,pero as verdedeiras estrelas sodes @s peques do C.B. Porto do Son.

Pincha na imaxe para ver máis fotos.