sábado, 18 de maio de 2013

Unha xornada inolvidable.1º Pequebasket Carballo

O 17 de maio do 2013 será unha data inolvidable para Manuel,Sara,Álvaro,Noa,Samuel,Marta,Iria,Fran e Xiana., pois disputaon o primeiro partido de baloncesto das súas vidas. Unha mágoa a ausencia de Samuel Alonso,Mar e Paula que por diversos motivos non puderon asisitir. Todos eles e elas forman o noso grupo de escola entre 5 e 8 anos ,adestrados por Jerry.
Na xornada  de onte en Carballo xogaron un total de 5 encontros contra Breogan de Lugo,Arteixo( dúas veces), Bosco Ourense e C.B. Noia.
En todos os encontros os sonense competiron moi ben.
Todos os nenos e nenas foron evolucionando ao longo dos encontros grazas a seguir as instruccións do seu adestrador Jerry e de Beiro.
Para ver o ben que o pasaron, deixámosvos unha galería de imaxes pinchando sobre a foto.




O C.B. Porto do Son quere destacar a gran deportividade durante todo o torneo, o bo comportamento das nais e pais animando a todos/as .

E destacar a gran organización do torneo por parte do Xiria Carballo,Parabéns e grazas por facernos pasar unha gran xornada.