luns, 6 de maio de 2013

O Narón ,terceiro equipo que participará no Torneo do 2 de xuño

A A.D. Santiago Apostol,Baloncesto Narón é outros dos clubes que estará presente no torneo do 2 de xuño.
Un dos clubes referencia  do baloncesto de ferrolterra presentarase en Portosín con dous equipos, un na categoría de escola e outro na benxamín.
O clube naronés é unha canteira de xogadores inagotables. Deste clube sairon entre outros xogadores o mítico Miguel Piñeiro ,uns dos mellores bases de toda a historia de  Galicia.
E como non, unha canteira de adestradores excepcionais,como o caso dos irmáns Dopico,Suso,etc...
Pero sen dubida o buque insigna desta canteira de baloncestistas é a  figura de MONCHO LÓPEZ  que foi adestrador da selección española que conseguindo unha prata no Europeo.
Seguro que os naronense traerán algunha das futuras estrelas do baloncesto galego.
Agradecer ao Baloncesto Narón a súa presenza e esperamos que disfrutedes deste día de basket.