mércores, 15 de maio de 2013

O C.B. Santa Baia de Boiro e o C.B. López Ferreiro de Santiago ,participarán no noso torneo.

O C.B. Santa Baia ,o club de Boiro estará no torneo de Portosín.
Non podía faltar a cita o club con máis número de nenos e nenas que practican baloncesto no Barbanza. Todo un orgullo para nós contar ca presenza do Santa Baia que asistirá con dous equipos un en cada categoría.
Por outra banda o Club Baloncesto López Ferreiro de Santiago, tamén asistirá con dous equipos . Un por cada categoría. O López Ferreiro é unha das cunas do Rosalía de Santiago. Unha das mellores canteiras de Galicia.
O C.B. Porto do son quere desexar un bo torneo a todos.