xoves, 9 de maio de 2013

Cluny , un modelo a seguir na formación de xogadores/as. Tamén estará no noso pequebasket.

O C.B. Cluny un dos clubes máis laureados de Galicia tamén estará presente no Pequebasket de Porto do Son.


O C.B. Cluny é unha das nosas referencias a nivel organizativo e deportivo.Un club moi ben estructurado, tendo como obxectivo a formación de xogadores/as  que está a dar moitos froitos.
Un club co que nos une unha estreita e boísima relación ,ata o punto que para o ano as nosas xogadoras que pasan a cadetes esperemos sigan a súa formación no C.B. Cluny.
O C.B.Cluny presentarase en Portosín con dous equipos un, na categoría de escola e outro na premini.
Agradecer a vosa presencia e que disfrutedes do baloncesto.