xoves, 23 de maio de 2013

2ª xornada de iniciación no CEIP Campanario de Baroña

Na segunda xornada de iniciación en Porto do Son ,non só asistiron os nenos e nenas da semana pasada se nón que aínda participaron máis.
A valoración deste dous días onde os nenos e nenas coñeceron de primeira man o deporte da canastra é moi positiva.
Todas os nenos e nenas que participaron nestas xornadas están invitadas a acabar a tempada adestrando cos equipos do C.B. Porto do Son. Algúns e algunhas xa se incorporaron e o fixeron nesta pasada semana.
Recordarvos que todos os sábados de 12:00 a 13:15 a escola de baloncesto está no polideportivo de Portosín. E os mércores de 20:00 a 21:00 no polideportivo do Son para o alumnado de 6º de primaria.
Así mesmo o C.B. Porto do son quere anunciar a creacción dunha escola de baloncesto no colexio de cara a próxima tempada.