luns, 8 de abril de 2013

O C:B. Porto do Son tivo dúas caras no encontro

Irregular encontro o disputado ante o C.B. Noia . Con dúas partes ben diferenciadas.
Os nosos rapaces tiveron unha desafortunada posta en escena cometendo moitos erros que parecían xa superados.


Os sonense non foron capaces de defender a toda pista a un Noia que quitaba ventaxas xogando 1 contra 1 a toda pista con moita facilidade.
Así mesmo o ataque do C.B.Porto do  Son amosábase atascado, perdas de balón doadas ,malas posicións en ataques ,etc... facían que o encontro chegase ao final do primeiro cuarto cun 22 -6 para os locais.
Esta tónica repetíase no segundo cuarto,aínda que xa se ían correxindo algúns erros moi graves de inicio do encontro. 
No descanso o electrónico marcaba un 40 -14 para os locais.
O descanso serviu para reflexionar , correxir e concienciarse en que había moito partido e moitas cousas por mellorar. Os adestradores insistiron en marcar pequenos obxectivos de mellora no xogo, coñecedores de que o encontro estaba moi difícil.
A partir de aquí podemos decir que sobre o campo vimos outro C.B. Porto do Son, tanto en actitude coma a nivel de xogo. 
O obxectivo defensivo cambiaba para correxir as liñas de pase e mellorar o 1 contra 1 e non ser desbordos ca facilidade dos cuartos anteriores. Diferenciar ben o lado forte do débil. Ir crecendo de atrás a diante ,ata rematar intentando facer 2 contra 1. En ataque insistíase en xogar máis valientes cara a canastra, buscando finalizar. 
Todo isto foise mellorando para acabar cun bo sabor de boca no encontro pese a derrota.
Os parciais foron 12-6 no terceiro cuarto e 19-18 no derradeiro. Para un tanteo final de 71 -38.(70 -31 fora o encontro da primeira volta)


A próxima semana ao C.B. Porto do Son tocaralle xornada de descanso.
Os adestradores queren destacar o esforzo e compromiso dos rapaces e darlles ánimo para seguir mellorando coma ate o de agora.Así mesmo felicitar ao C.B: Noia polo bo partido realizado.