venres, 26 de abril de 2013

Grupo Catalana Occidente de Portosín patrocinará o sorteo de material deportivo.

En breve estarán a venda as rifas para o sorteo de material deportivo que terá lugar durante o torneo do 2 de xuño en Portosín.
O Grupo Catalana Occidente a través de seu axente en Portosín : Benigno Mayo Romay será o  patrocinador do sorteo dunha camisola do Obradoiro Blusens Monbús firmada por todos os xogadores e corpo técnico, así como máis material deportivo.


As rifas terán o prezo símbolico de 1 euro.
Os sorteos realizaranse durante toda a xornada do torneo e iranse publicando durante todo o día ata a hora de clausura.




O C.B. Porto do Son quere agradecer a total colaboración do Obradoiro e da súa plantilla para poder levar a cabo esta iniciativa.