sábado, 30 de marzo de 2013

3º POSTO NA VBCup 2013

Non pudo ser , e o C.B. Porto do Son non foi capaz de facerse co subcampionato ao caer derrotado por 43-36 ante o Cluny de Santiago.
Tras o espectacular encontro disputado onte ante Ponferrada ,hoxe os sonenses non mostraron a súa mellor cara.
O cluny levou sempre a iniciativa no encontro,marcando o seu ritmo de xogo con ataques longos e defensas flotando moito do lado débil para evitar os cortes e os 1 x 1, cun balance defensivo moi rápido que evitaba que os nosos chegasen con ventaxas a atacar.
O noso ataque foi o peor de todos os días do torneo,o balón non se invertía dun lado a outro da pista, e o xogo sen balón era case inexistente. Só a defensa mantía ao C.B. Porto do Son no encontro.Os do Son eran fieis a súa defensa individual a toda pista ,incluso tras o descanso atrevéronse a facer dous contra un a toda pista ,obtendo resultado en ocasións e concedendo canstras fáciles en outras.
O C.B. Porto do Son conseguía chegar ao último minuto e medio a só 4 puntos pero non era capaz de rematar a faena.
En definitiva un encontro do que aprendimos moito e seguimos evolucionando no noso xogo.

Tras o encontro disfrutamos das finais e da festa de despedida cun video espectacular e recollimos o primeiro trofeo do clube.

Podedes ver máis imaxes se pinchades nesta



O C.B. Porto do Son quere agradecer ao C.B. Vilagarcia a invitación a un evento tan importante e tan ben organizado coma este. Noraboa e un millón de grazas.