domingo, 20 de xaneiro de 2013

Primeira victoria do C.B. Porto do Son

O C:B. Porto do Son consigue a súa primeira victoria da tempada ante o Mar Par B de Ribeira por un 33 a 47.

C.B. Porto do Son: Alfonso 2, Mario, Xabi, Miguel 3, Dani,Juan M 10, David 25, Juan A 4, Carlos 1,Jorge 2.

O encontro disputouse no polideportivo municipal de Noia ás 18:00 cunha amplia representación de siareiros do equipo sonense,arredor de 70.
O equipo dirixido por Boule e Luky que viña de completar unha semana de adestramentos satisfactoria puxo de inicio un parcial de 4 - 0 . Pero os de Ribeira foron quen de empatar o encontro.
Os nosos tiñan un xogo máis fluido pero non eran quen de marcharse no encontro, pois faiaban canastras doadas e os de Ribeira tiñan un bo acerto dende a media distancia.
Chegándose ao final do primeiro cuarto cun 9 a 9 .
No segundo cuarto o C.B. ¨Porto do Son foi quen de quitar o balón máis rápido con menos botes e conseguía distanciarse no marcador cun parcial de 6 -15. Chegándose ao descanso cun 15 -24.
Luky e Boule correxiron erros defensivos e mandabán aos seus repaces subir as liñas defensivas e darlle máis ritmo ao encontro.
A saída no terceiro cuarto foi moi boa e a ventaxa chegou a rondar os 15 puntos ,só reducida nos últimos minutos debido as rotacións dos xogadores. Ao final do terceiro cuarto 25 -33.
O derradeiro cuarto foi de claro dominio do C.B.Porto do Son ,onde brilou o xogo de equipo e a intensidade defensiva.
Os adestradores mostrábanse satisfeitos pero son conscientes do duro traballo que queda por diante.
Os xogadores adestrarán mañán con adestramento específico de tecnica individual e o mércores e sábado en sesión de grupo.