mércores, 12 de decembro de 2012

Nova xornada da liga infantil masculina.

Tras o debut ligueiro a seman pasada con derrota por 71 - 20 ante o Ribeira, toca volver a competición outra vez.
A data será o vindeiro domingo 16 de decembro ás 10:00 horas no pavillón de Coroso en Ribeira para medirse ante o C.B. Santa Baia de Boiro.
Unha semana máis de adestramentos seguro que terá a súa recompensa na pista.
Recordarvos a todas e todos que o sábado 15 de decembro haberá adestramento en Portosín ás 10:30.

Moita sorte e a seguir traballando.